Skip to main content
Sarria

Clarisaxos actúa esta tarde no paseo do Malecón de Sarria

Por 22 Xuño, 2023Xuño 23rd, 2023Sin comentarios

O paseo do Malecón acolle esta tarde ás 20.00 horas a actuación e concerto do grupo musical Clarisaxos da Escola Municipal de Sarria.

Esta agrupación de clarinetes e saxos, por iso o nome de Clarisaxos, naceu no seo da escola de música de Sarria en 2024 da man do profesor Manuel Montero López, quen a creou para que ensaiasen os alumnos.

O grupo, integrado por 17 persoas de todas as idades, só leva un ano dando concertos, o primeiro o pasado 30 de abril de 2022 no Festival da Solidariedade Sarria con Ucraína e, despois de varios, hoxe actúan no Malecón para todas as persoas interesadas en velos.