Skip to main content
Sarria

O grupo Louband protagonizará a sesión vermú e o pasarrúas do último día das festas do San Xoán de Sarria

Por 27 Xuño, 2023Xuño 28th, 2023Sin comentarios

O grupo de música Louband de Sarria, que está integrado na Asociación Rúa da Música, actuará esta mañá ás 12.30 horas nas grandes festas de Sarria, amenizando a sesión vermú que terá lugar no campo da deira, onde cantarán o seu novo tema ‘Xeración Xabarín’, unha compilación de grandes éxitos do Xabarín Club.

Tamén amenizarán a xornada a partir das 20.00 horas, xusto despois da actuación do mago sarriao, Roberto Lolo, que terá lugar ás 19.30 horas debido á calor, xa que estaba prevista comezar ás 19.00 horas nun primeiro momento.

Ademais destas actividades, as grandes festas de Sarria rematan hoxe con actividades infantís ás 18.00 horas da man de Las Pamisuky, un grupo de animación infantil, así como a actuación de Roberto Lolo para os máis pequenos; pero tamén con actividades para os maiores, como a verbena da noite da man da orquestra Los Satélites, que se celebrará no campo de rugby do Chanto.

Con todas estas actividades, dá por terminada outra edición das grandes festas de San Xoán de Sarria, que duraron cinco días, aínda que seguirán as atraccións para os nenos un día máis, durante o mércores, 28 de xuño.