Skip to main content
Sarria

Máis de 90 nenos e nenas traballan diversos aspectos deportivos durante o Depor Campus no Estadio A Ribela

Por 30 Xuño, 2023Sin comentarios

O Depor Campus que se está a celebrar no Estadio Municipal A Ribela de Sarria, organizado polo equipo SD Sarriana e o Deportivo da Coruña, remata hoxe e desde o equipo sarriao defenden que “está indo xenial”, pero que “é unha mágoa que só dure unha semana”.

Así, os máis de 90 nenos e nenas que están participando desta iniciativa, están a traballar distintos aspectos deportivos, así como sociais nas múltiples tarfeas que se organizan en cada unha das xornadas.

Desde a SD Sarriana explican que para o vindeiro ano “posiblemente teña lugar durante dúas semanas, xa que se queda curto”. Ademais, din que os nenos “están facendo o que máis lles gusta, tarefas formativas de fútbol que tamén van destinadas a formalos en valores”.

Así, os máis de 90 nenos e nenas que chegaron desde diferentes localidades da provincia, así como da Coruña, Madrid, Tenerife e incluso de Miami; traballan principalmente a coordinación, condución, control, pase, habilidade, regate e finalización.