Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

O Friol B ascende á Primeira Galega tras unha gran tempada

Por 12 Xuño, 2023Xuño 13th, 2023Sin comentarios

O Friol B vén de completar unha gran tempada co ascenso á Primeira División Galega, que quedaba sen representación da provincia de Lugo polo ascenso do Lugo e o descenso do Antas.

O conxunto friolés, que rematou campión do seu grupo de Segunda División, iniciou o proceso de ascenso a mediados do mes de maio e logo de dúas eliminatorias disputou a final a dobre partido co Touro, equipo co que compartiu grupo.

No primeiro duelo quedaron empatados a cero pero no segundo o Friol B logrou un único gol que foi suficiente para poder firmar o ascenso.

O Friol B disputou unha magnífica tempada no grupo 3, co resto de equipos da provincia. Rematou primeiro con 11 puntos de vantaxe e 22 vitorias de 26 partidos. Só perdeu en dúas ocasións, xusto ao inicio da segunda volta e no penúltimo partido. Tamén os empates foron na segunda parte da tempada xa que na primeira só fixo que gañar.

O equipo B pon a boa nova para o club, que rexistrou o descenso do primeiro equipo tamén esta tempada.