Skip to main content
As Pontes

As Pontes acolle o día 17 a segunda Romaría das Merendas

Por 11 Xuño, 2023Xuño 12th, 2023Sin comentarios

O grupo de música tradicional No Cómbaro e o Concello das Pontes organizan a segunda edición da Romaría das Merendas que será o sábado 17 de xuño.

Un día enteiro de música e diversión, ambientado nos anos 50, na Fraga de Dona Rita, e na que se recuperará o esplendor dunha romaría de sempre

Esta celebración está aberta a todos os públicos e só é preciso levar unha mantiña, unha cesta coa comida e moitas ganas de diversión.

O programa arracará ás 13.00 cunha sesión vermú que se prolongará ata as 15.00 horas. Contarán con Canavella das Pontes, Batifoula de Vilalba e o anfitrión, No Cómbaro.

Continuarán as merendas a partir de las 15.00 horas, e de 18.00 a 23.00 horas haberá unha foliada estelar coa participación de Os do Xalo, Airiños do Eume, Son d’Aquí, Aquí e Alá, Charanga Alxibeira, Maghúa, Xirandela, Carecos e Ninfos.