Skip to main content
As Pontes

A área creativa pontesa de Vilarbó acolle un novo campo de voluntariado

Por 2 Xuño, 2023Xuño 4th, 2023Sin comentarios

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou onte a área recreativa de Vilarbó, en As Pontes, que este ano acollerá un novo campo de voluntariado incluído na Campaña de Verán da Xunta.

Durante a visita, na que estivo acompañada de representantes da asociación de tempo e aire libre Néboa, encargada do desenvolvemento da iniciativa, Aneiros animou aos mozos entre 18 e 30 anos a participar nesta proposta que se desenvolverá entre o 15 e o 26 de xullo.

O campo de voluntariado de Vilarbó dispón de 15 prazas e se levará a cabo na modalidade ambiental, acorde ao entorno no que se imparte (próximo ao encoro da Ribeira, no río Eume e ao parque natural Fragas do Eume). Aneiros lembrou que o obxectivo deste campo “é a custodia do territorio mediante a conservación e a recuperación das fragas e o bosque de ribeira no entorno do río Eume e a divulgación das Fragas Atlánticas de Vilarbó”. Os participantes ocuparanse en labores de plantación e reforestación, limpeza das beiras do río Eume, construción dun hotel para abellas, colocación de caixas niño e comedeiros ou un inventario de especies, entre outras.

O prazo de solicitude para participar neste campo de voluntariado, ao igual que no resto que se levan a cabo na Comunidade Autónoma, estará aberto ata tres días antes do comezo do mesmo. As solicitudes deberán presentarse por medios electrónicos mediante o formulario en liña dispoñible na páxina web Xuventude, onde tamén se poden consultar máis datos da convocatoria.

O de Vilarbó é un dos 46 campos de voluntariado que a Xunta desenvolverá por todo o territorio galego este verán e que se suman ás prazas ofertadas en campos noutras comunidades e no estranxeiro. Inclúense na Campaña de Verán a través da que a Consellería de Política Social e Xuventude tamén desenvolve campamentos infantís, programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas, o programa Conecta con Galicia para a mocidade galega do exterior, e os minicampamentos Coñece Galicia, de 5 días de duración.

“A finalidade destas propostas é que que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo,… á vez que pon á disposición das familias un recurso de conciliación da vida familiar e laboral”, lembrou a delegada territorial.