Skip to main content
As Pontes

Arrancan nas Pontes os campamentos de vela

Por 18 Xuño, 2023Sin comentarios

O Club de Vela Fluvial As Pontes, coa colaboración da Concellería de Deporte do Concello, iniciará o vindeiro luns 26 de xuño os Campamentos de Vela 2023 no lago das Pontes.

Como é habitual estarán dirixidos a nenos a partir de 7 anos que teñen como requisito saber nadar.

Mantense o formato de campamentos semanais de 20 horas (4 horas diarias), de lunes a viernes. Podendo inscribirse en segundas e sucesivas semanas de campamento.

A primeira semana de cursos será a que vai dende o 26 ó 30 de xuño. Mentras que a derradeira semana será a que vai dende o 28 de agosto ate o 1 de septembro.

Para la realización destes campamentos o Club de Vela Fluvial As Pontes facilita todo el material necesario e medios de seguridade para a práctica deste deporte.

Para os non socios cada semana de curso terá un prezo de 75 euros (máis licencia federativa Escola de 16 € válida ate o 31/12/2023). No caso de nenos, o primeiro e sucesivos irmáns terán un 20% de desconto en la inscripción, quedando esta en 60 euros. Para socios do Club de Vela Fluvial As Pontes, o prezo é de 25 euros por semana (máis licencia federativa).

Máis información e inscripcións neste enlace.