Skip to main content
As Pontes

As Pontes abre o luns o prazo de inscrición para os campamentos de inglés

Por 29 Xuño, 2023Sin comentarios

As Pontes abre o luns, 3 de xullo, o prazo para inscribirse nos campamentos de inglés que organiza o Concello durante os meses estivais, desde o ano 2016, nos que xa participaron máis de dúas centenas de rapaces e rapazas da vila.

O obxectivo fundamental do campamento é a aprendizaxe do idioma inglés mediante a realización de diferentes actividades, relacionadas co ocio e o tempo libre, de xeito que se facilite unha alternativa lúdica de aprendizaxe do inglés no período de vacacións para todo o alumnado de Educación Primaria dos centros educativos das Pontes.

Trátase dunha actividade que permiten achegar á veciñanza máis nova da vila á lingua inglesa nun contexto diferente ao da escola, aprendendo a relacionarse co idioma de xeito positivo, ao tempo que fomenta unha serie de valores esenciais para o desenvolvemento persoal, como o da convivencia, igualdade, respecto mutuo, cooperación, integración de persoas con capacidades diferentes e traballo en equipo entre as persoas participantes. O campamento de inglés tamén busca posibilitar as relaciones interpersoais entre nenos e nenas de diferentes ámbitos, compensando desigualdades

Haberá 3 quendas de 30 prazas por quenda, e serán dende o 26 de xullo ata o 5 de setembro, en horario de 9:30 a 14:00 h., a primeira quenda vai do 26 de xullo ata o 8 de agosto, a segunda queda do 9 ao 23 de agosto e a terceira quenda do 24 de agosto ao 5 de setembro. Haberá 10 prazas, por queda para 1º e 2º de primaria, 10 prazas para 3º e 4º de primaria e outras 10 prazas, por quenda, para 5º e 6º de primaria.

As familias interesadas poden inscribir aos seus fillos/fillas ou solicitar máis información no departamento de Servizos Sociais (2º andar Casa Dopeso), de 09:00 a 13:00 horas.