Skip to main content
Vilalba

Vilalba vibra de actividade na terceira edición da Feira do Libro

Por 3 Xuño, 2023Xuño 5th, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba acolle dende este venres e ata o domingo a terceira edición da Feira do Libro Vilalé 2023, cunha ampla programación de actividades e propostas para todas as idades que deron comezo cun gran éxito de público.

Da man da Federación de Librarías de Galicia e coa participación da Deputación de Lugo, Carlin Vilalba, Libraría Pergamino, Libraría Andel, Libraría Cortizas, o Institutos de Estudos Chairegos e a Libraría Pedreira, a Praza da Constitución acolle diferentes actos ademais de ofrecer un 10% de desconto na compra de todos os libros.

A Feira comezou esta venres cunha primeira cita para os máis cativos e cativas a cargo de Caramuxo Teatro. A historiadora e artesá téxtil Miriam Fernández Otero inaugurou a Feira co seu pregón.

Nesta xornada varios os escritores e escritoras que pasaron polas diferentes casetas para asinar os seus libros como Jordi Cicely, con Mariela envenena mis sueños, Ana Meilán, con Familiando, O aire do lobo Rigoberto e 8 patas, xunto a Xulio Pardo de Neyra con A monxa e o grumete. O contacontos Ollo Piollo de Chus Álvarez e o recital poético de Yolanda Castaño sobre Materia completaron este primeiro día de feira.

Vilalba volverá converterse nestes tres días na capital do libro de Galicia, dando protagonismo aos autores e autoras locais e galegos e axudando á xente a achegarse á literatura cun contacto directo con eles.

Con este obxectivo estarán en Vilalba ao longo da fin de semana Sabela Cagiao Blanco, Eduardo Baamonde, Luz Campello, María Xosé Lamas, María Isabel Ramos Breijo, Ángeles Goás, Juan José Lada Vilariño, Luz Darriba, Sonia Arias, Roberto Novo Rey, Luz Airado, Sonia López Souto, Abraham Pérez e Juan Galán, entre outros.

O horario da feira será de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.