Skip to main content
Vilalba

Convocada unha manifestación en Vilalba en repulsa polo asasinato machista de Oia

Por 5 Xuño, 2023Sin comentarios

O colectivo Feministas da Terra Chá vén de convocar unha concentración en Vilalba en repulsa polo feminicidio de Ana Vanesa SP en Oia, Pontevedra.

Ao berro de Basta xa de violencia machistas, toda a poboación está convocada para hoxe, 5 de xuño, ás 20.30 horas, diante da casa da cultura vilalbesa.