Skip to main content
Vilalba

Esta fin de semana haberá festas nas parroquias vilalbesas de Goiriz e Noche

Por 7 Xuño, 2023Sin comentarios

As localidades vilalbesas de Goiriz e Noche estarán de festa esta fin de semana na honra de San Antonio.

En Goiriz as festas iniciaranse o sábado ás 13.30 horas con misa solemne e procesión, seguida dunha sesión vermú a cargo da orquestra Stereo. Esta mesma estará na verbena xunto a New York.

O domingo volverá haber oficio relixioso e a sesión vermú será co dúo Venus, co que se darán por rematadas as festas.

En Noche, as festas darán comezo coa sesión vermú, ás 14.00 horas, que estará protagonizada polo grupo Alba. Pola noite haberá verbena de novo co grupo Alba e a orquestra Metrópolis.

O domingo haberá misa na honra tamén da Virxe da Candelaria que estará cantada pola coral Luar de Vilalba. Trala procesión terá lugar a sesión vermú con La Hora Bruja, coa que se dará por rematada a festa.

O campo da festa estará cuberto con carpa, segundo lembra a organización.