Skip to main content
Cervo

Volve o programa cervense Enredando no verán

Por 23 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo anunciou algunhas das actividades que teñen previstas para estes meses de verán dentro do programa Enredando no verán.

Así, os luns e mércores ás 11.30 horas no pavillón da Veiga haberá teatro para nenos de 10 a 12 anos e de 6 a 9 anos, respectivamente. Este curso será impartido por Blanca Dacal.

Os martes e os xoves ás 11.30 horas e tamén no pavillón da Veiga serán as clases de ioga impartidas por Nuria Torrado. Os martes para nenos de 10 a 12 anos, e os xoves de 6 a 9 anos.

Tamén haberá tempo para o balonman os luns ás 13.30 para nenos de 6 a 12 anos no pavillón. Para participar será necesario anotarse chamando ao 683 31 59 39 ou presencialmente na casa da cultura.