Skip to main content
Foz

O Cenima de Foz acollerá o III Encontro de cultura marítima da Mariña

Por 4 Xullo, 2023Xullo 5th, 2023Sin comentarios

Dende o Vivemar levan tempo adicando enerxía e esforzo en artellar as ferramentas e procesos necesarios para conservar e dinamizar o legado da cultura marítima da comarca da Mariña.

Dándolle continuidade ao II Encontro de Cultura marítima que organizaron en San Cibrao no pasado mes de marzo, desta volta a sesión colectiva de traballo terá lugar no Cinema do Concello de Foz. Este terceiro encontro é unha acción resultado do acordado entre todas e todos os asistentes individuais e colectivos ao encontro de marzo como proxectos a desenvolver.

Desta volta o encontro deseñouse como xornada técnica con sesións de traballo onde haberá tres comisións, unha adicada ás embarcacións tradicionais, outra ao patrimonio construido e a terceira ao patrimonio inmaterial. Aproveitando os diversos e interesantes recursos existentes en Foz, os asistentes poderán coñecer parte deste patrimonio marítimo tanto do porto de Nois como do de Foz da mán de Antón Niñe e a Sociedade Cultural A Rula de Foz como bos anfitrións e coñecedores na materia. Sen faltar a parte experiencial e lúdica, nesta ocasión achegándonos ben de preto á navegación nunha traíña como embarcación tradicional do cantábrico galego.

Este III Encontro de cultura marítima da Mariña será o vindeiro 22 de xullo no Cenima de Foz.

Programa do encontro 

  • 10.00 h. Recepción participantes:
  • 10.15 h. Traballos de posta en común para a realización do Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego.
  • 10.30 h. Comisións de traballo.

Embarcacións 

Coordina: Daniel García Níñez

Patrimonio construido 

Coordina: Antón Mascato

Patrimonio inmaterial 

Coordina Lucas Requeixo

  • 12.15 h. Pausa café.
  • 12.30 h. Posta en común das comisións.
  • 13.00 h. Presentación nº 15 de Nova Ardentía. Emilio Insua, coordinador da revista e Antón Mascato do consello de redacción
  • 13.20 h. Os Encontros de embarcacións de Sada 2023. Membros da comisión organizadora
  • 13.40 h. Outras propostas de dinamización
  • 14.00 h. Xantar. Obrigado inscribirse
  • 15.30 h. “O Mar en Foz” por Antón Niñe e visita guiada á exposición de Artes e Aparellos no Cenima. Coordina Sociedade Cultural A Rula de Foz
  • 16.30 h. Experiencia en Traiña, no porto de San Xiao. Coordina Daniel García Níñez.
  • 17.20 h. Visita guiada ao portiño de San Xiao e á Salgadeira de San Xiao coordinado por Manuel Lara, de Culturmar e Buxa.
  • 18.00 h. Fin da xornada, calendario próximas actividades, despedida e entrega de documentación.