Skip to main content
Lourenzá

Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo pola fraga das Vigas e Pena Montol

Por 1 Xullo, 2023Sin comentarios

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o vindeiro sábado 8 de xullo unha ruta polo pola fraga das Vigas e Pena Montol, entre Mondoñedo e Abadín.

Esta ruta será duns 12 quilómetros de distancia e de dificultade media. Ao rematar a camiñata haberá un xantar no restaurante Niza de Abadín.

A actividade ten un prezo de 25 euros para socios e 30 para os non socios, e é necesario anotarse para participar antes do 6 de xullo, chamando aos teléfonos nos 619 828 784 ou 619 378 029.