Skip to main content
Mondoñedo

A directora xeral de FP salientou a oferta formativa do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo

Por 1 Xullo, 2023Sin comentarios

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou o Instituto IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, onde salientou o reforzo da oferta formativa dual e da familia Agraria-Forestal a partir do próximo curso 2023-24.

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades referiuse a implantación do novo ciclo de grao superior de Paisaxismo e medio rural no réxime de persoas adultas, único da provincia de Lugo, e aliñado cun dos sectores económicos máis importantes deste concello como é o do aproveitamento forestal e silvicultura.

Tamén en réxime de adultos e na modalidade dual, o centro oferta o ciclo de grao superior de Aproveitamento e conservación do medio natural, con 22 prazas e a participación de 14 empresas.

En réxime ordinario, o centro imparte os ciclos de grao básico de Agroxardinaría e composicións florais e de grao superior de Xestión forestal e do medio natural.

As solicitudes de inscrición de ciclo superior e medio deberán realizarse mediante o asistente informático vía web na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/