Skip to main content
Ribadeo

Inaugurada a rúa Ribadeo en Loctudy, francia

Por 5 Xullo, 2023Sin comentarios

O pasado sábado 1 de xullo de 2023 varios veciños e veciñas de Ribadeo e Loctudy asistiron ao acto de inauguración dunha rúa que vai levar o nome de Ribadeo.

A tenente de alcalde do Concello de Loktudi, en representación do alcalde, Maryce Bernicot pronunciou unhas palabras en recoñecemento da fonda amizade e intercambio vivido por Ribadeo e Loctudy ao longo destes anos.

Na vila bretoa desexan continuar con esta experiencia de intercambio cultural. Pola súa banda, e no nome do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, leron unhas verbas de recoñecemento de dito irmanamento e o desexo mutuo de continuar co mesmo.

A Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy convida a informarse e formar parte dela ou para participar en actividades, enviando mensaxe ao correo irmandade.ribadeo@gmail.com  ou mediante WhatssApp ao 629 475 299.