Skip to main content
O Valadouro

A Feira de Vilacampa, no Valadouro, celebrará as súas festas o vindeiro 4 de agosto

Por 30 Xullo, 2023Sin comentarios

A Feira de Vilacampa, no concello do Valadouro, celebrará o vindeiro venres 4 de agosto, as súas festa na honra de Santo Domingo.

Así, esta parroquia contará durante todo o día coa feira anual de gando vacún e cabalar. Ás 13.30 horas dará comezo a misa solemne e a sesión vermú a cargo do grupo Límite.

Xa pola noite ás 22.30 horas será a quenda da gran verbena co grupo Límite.

Dende a organización informan de que terán cantina na feira e no campo da festa con carpa así como servizo de comidas con racións.