Skip to main content
O Vicedo

A Romaxe Viquinga 2023 xa está preparando as actividades

Por 2 Xullo, 2023Xullo 3rd, 2023Sin comentarios

A organización da Romaxe Viquinga do Vicedo 2023 comunicou que xa están preparando algunhas actividades para esa cita que será o sábado 29 de xullo. O cartel deste ano corre a cargo do debuxante Cristian F. Caruncho.

As actividades comezarán pola mañá, ás 10.30 horas coas aperturas dos campamentos viquingos e cristiáns. Ao longo do día haberá obradoiros, xogos para nenos, adestramentos, pintacaras e tatuaxes viquingas.

A media mañá será a batalla na praia de San Román e a chegada do barco viquingo. Pola tarde volverán os xogos, os contacontos, os combates a pé, e haberá unha ordenación de 6 cabaleiros cristiáns.

Pola noite contarán con dous concertos musicais e un desfile das tropas cristián e viquingas cos fachos ardendo que dará paso ao enterramento e ás vodas á medianoite, así como aos xogos tradicionais.

Dende a organización, destacan que “o que destaca o pregón do venres 28 que estará a cargo da actriz galega Isabel Blanco. A continuación haberá un desfile polo pobo con viquingos, cristiáns e uns gaiteiros, e xa pola noite polos bares serán os cantos de taberna.

Coma noutras ocasións haberá postos de artesanía e alimentación e para participar será necesario comunicalo a turismovicedo@gmail.com ou romaxeviquingavicedo@gmail.com ou chamando aos teléfonos 982 590 195 e 629 172 745.

Os participantes que atendan os postos deberán estar caracterizados de acordo coa temática e respectarán o lugar asignado pola organización para a súa instalación.

A participación na Romaxe Viquinga dá dereito a recibir por parte da organización corrente eléctrica e auga. As alargadeiras, mangueiras ou calquera equipo necesario para a conexión correrán a cargo dos participantes.

 

Aquí poden consultarse as bases completas e descargar a solicitude de participación.