Skip to main content
O Vicedo

Listo o programa da festa do Turismo Rural do Vicedo

Por 4 Xullo, 2023Xullo 19th, 2023Sin comentarios

O Concello do Vicedo xa comezou coa preparación dunha das súas principais festividades estivais, como a do Turismo Rural, que terá lugar o 16 de xullo, no monte de Riobarba.

Comezará ás 13.30 horas coa misa na honra de San Vicente de Francos e despois será a degustación de produtos típicos.

Xa pola tarde comezarán as actividades equestres ás 17.00 co campionato, ás 18.30 será a entrega de premios, e este ano repartiranse 1.740 euros en premios.

Máis tarde, ás 19.30, pecharase a xornada festival cun baile.