Skip to main content
O Vicedo

Aberto o prazo para anotarse no segundo mércores de natureza do verán no Vicedo

Por 10 Xullo, 2023Sin comentarios

Está aberto o prazo para anotarse no segundo mércores de natureza do verán no Vicedo. Nesta ocasión será o mércores 12 de xullo e trátase dunha subida ao río Sor, que parte do porto do Vicedo ás 10.00 horas para cruzar a ría, pasar fronte ao pobo do Barqueiro, Pontes sobre o río Sor, illa de San Martiño, área recreativa de Ribeiras do Sor e ponte sobre o Sor.

A ruta ten unha duración dunhas 2 horas e o regreso será en vehículos da empresa que organiza a actividade. Ten un prezo de 17 euros por persoa.

Así mesmo, continuan as actividades organizadas desde a casa da cultura e o día 19 haberá unha ruta de sendeirismo entre a praia das Catedrais e Ribadeo, ata alí irase en tren; e o 26 de xullo está preogramada unha Xeorruta co xeólogo Fran Canosa polas inmediacións de Ponte Segade.

Por outra banda, o vindeiro domingo 16 de xullo será a celebración da festa de Turismo Rural que é nas inmediación do parque eólico de Riobarba baixo unha carpa. Nesta festa haberá misa na honra de San Vicente de Francos, xantar, competicións ecuestres e haberá un espectáculo musical durante a vermú e máis e tamén pola noite.