Skip to main content
Viveiro

Viveiro acolle o 15 e 16 de xullo as festas do Carmen 2023

Por 5 Xullo, 2023Xullo 19th, 2023Sin comentarios

O barrio da Pescadería de Viveiro acolle os vindeiros 15 e 16 de xullo as tradicionais festas do Carmen 2023.

Nesta ocasión as festas comezarán o sábado 15 coa sesión vermú a cargo de Elixir que tamén animará a verbena co grupo Mussically.

Xa o domingo 16 procederase á celebración da misa en honra á Virxe do Carmen, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Epo-K. Xa pola tarde será a festa infantil con Diverneno e a verbena con Epo-K.