Skip to main content
Viveiro

A sexta edición do festival de música eletrónica Ether será no xardín do Pazo da Misericordia en Viveiro

Por 1 Xullo, 2023Xullo 2nd, 2023Sin comentarios

A sexta edición do festival de música eletrónica Ether- An Electronic Odyssey realízase no Xardín do Pazo da Misericordia en Viveiro o 28 e 29 de xullo. A localización do festival é unha das principais novidades para esta edición.

Este ano o festival aposta por un cartel máis completo a respecto da edición anterior mantendo a mesma filosofía de traer a Viveiro artistas emerxentes de escea electrónica europea. A entrada seguirá sendo gratuíta para que todo o mundo poda desfrutar do evento.

Así, os artistas confirmados polo momento son Annē, Varya Karpova, Hertz Collision, Isma B, Karras Martinez, Leo Meizoso, Llonas, Amiga, Cessabit, Edmuk JP e Gonzalo Smaniotto.

A oferta cultural ofrecida polo Ether 2023 divídese en dúas partes: os Etherkids e o festival de música. Por un lado, os Etherkids serán realizados o venres 28 de xullo. Nestas actividades de lecer para os meniños, o comportamento creativo é promovido através de novos contextos tendo a música electrónica como protagonista. Por outro lado, o festival de música comezará o sábado 29 de xullo coa presenza de artistas nacionais e internacionais de Techno, House e Electro principalmente.

Ether – An Electronic Odyssey é un festival único onde podemos desfrutar da música electrónica ao mais alto nivel, mais tamén da natureza, lecer e vida social que Viveiro ofrece durante o verán.