Skip to main content
Viveiro

Comeza a Feira Renacentista de Viveiro

Por 6 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro acolle unha vez máis a súa tradicional Feira Renacentista 2023. O evento comezará mañá, xoves día 6 de xullo, e rematará este domingo, 9 de xullo.

Esta tradicional cita do verán viveirense, celebrada a continuación do Resurrection Fest, contará con decenas de actividades cada día. O Concello anima á veciñanza a vestir os seus traxes renacentistas para a ocasión.

“Outra cita importante de verán en Viveiro, da que disfrutan milleiros de persoas”, afirma a alcaldesa, María Loureiro, que destaca “o impacto positivo na hostalería e o comercio local”.

Entre as actividades que se celebrarán destaca a representación do gran desembarco de Carlos V, que terá lugar o venres día 7 ás 20.00 na praia de Covas, espectáculos de época, pasacalles, música, o mercado e moitas máis actividades para o desfrute dos asistentes. Ademais, o evento contará cos habituais personaxes, como Carlos V, Juana la Loca, Isabel de Portugal, os membros dos catro liñaxes de familias de Viveiro, entre outras.

Haberá tamén numerosos postos de comida, obradoiros, e tamén un tío vivo e unha cama elástica ubicados na praza da Igrexa, entre outras moitas actividades.