Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Volve a Xira de Santa Cruz de Ribadeo

Por 22 Xullo, 2023Agosto 9th, 2023Sin comentarios

A asociación de Amigos da Gaita de Ribadeo xa conta coa programación da festa da Xira a Santa Cruz 2023 que se celebrará o vindeiro 6 de agosto.

A xornada dará comezo o sábado 5 de agosto ás 19.30 horas cos pasacalles a cargo de Amigos da Gaita, e continuará ás 20.00 horas no Cine Teatro co pregón a cargo de Felipe Rea Otero e a actuación das escolas de música.

Ao día seguinte, ás 12.00 horas no monte de Santa Cruz haberá a tradicional festa amenizada polo grupo Donaire, da Coruña, e as actuacións das escolas de Amigos da Gaita no Cantón dos Moreno. Tamén haberá diferentes pasacalles a cargo de Axeigo e Recuncheiros..

A continuación será a subida ao miradoiro da área recreativa para pasar unha xornada campestre con comidas no campo e música tradicional galega.

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, será a ofrenda floral no Monumento ao Gaiteiro e despois pechará a cita festiva o concerto de Tres Pesos e Aliboria.