Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Porta Miñá acada un histórico terceiro posto no Campionato de España Alevín

Por 16 Xullo, 2023Sin comentarios

Está a disputarse na piscina M86 de Madrid o Campionato de España Alevín de natación no que as nadadoras do Porta Miñá están a competir a un gran nivel.

O venres o equipo de 4×200 libres formado por Alba Lema, Laura Abuín, Antía Prieto e Patricia Fernández conseguiron un feito histórico para o club ao facerse coa medalla de bronce pelexando moi de preto pola prata ata o último metro co segundo clasificado.

Ademais Alba Lema en 50 costas logrou bater a mellor marca galega deixándoa en 34.30. Laura Abuín foi quinta en 800 libres de 11 anos e Patricia Fernández  oitava en 800 libres. Antía Prieto fixo a súa mellor marca persoal en 50 libres.