Skip to main content
Baralla

A parroquia de Mazaílle en Baralla celebra o 2 de setembro as súas festas

Por 29 Xullo, 2023Sin comentarios

A parroquia de Mazaílle en Baralla celebra o vindeiro 2 de setembro as súas festas que contarán con espectáculos e música do máis variado.

As celebracións darán comezo ás 13.00 coa sesión vermú a cargo de Airiños do Neira, que dará paso a Punto Clave e a unha exhibición de Eugenio Linares sobre tallas de madeira con motoserra.

Pola tarde será a a quenda de Dani Pardo e Miguel Cendoi e ás 22.00 horas haberá unha churrascada popular gratuíta á que haberá que anotarse para participar chamando a 626 290 324 ou 669 271 361.

A verbena da noite dará comezo máis tarde e contará con Punto Clave e o trío Merengue.