Skip to main content
Lugo

Organizan obradoiros infantís para o mes de xullo na programación Capital da Cultura

Por 3 Xullo, 2023Sin comentarios

A iniciativa Creando talentos deu comezo este luns no centro interxeracional Paco Martín. Trátase de obradoiros de viñetas e microrelatos para un público de 6 a 16 anos.

O Concello organiza durante este mes de xullo obradoiros infantís gratuítos de viñetas e microrelatos dentro da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, co obxectivo de achegar ás familias lucenses unha proposta lúdica e de apoio á conciliación. Neste senso, a rexedora apuntou que “con ‘Ceando talentos’, búscase dar renda solta á creatividade literaria e pictórica dos/as máis novos/as, como impulso para o descubrimento do talento persoal”.

En total serán tres obradoiros, o primeiro dos cales deu comezo este luns. Así, celebraranse do 3 ao 5 de xullo no centro interxeracional Paco Martín (6-9 anos); do 10 ao 12 de xullo, no Paco Martín (10-12 anos); e do 17 ao 19 de xullo, na Casa da Xuventude (14-16 anos). Todos serán en horario de 11:00 a 13:00 horas.

A través da escritura de microrrelatos e o deseño de viñetas, os mozos e mozas participantes aportarán a súa visión particular sobre as cidades e vilas do Eixo Atlántico, fomentando o intercambio de perspectivas e técnicas. Para cada actividade haberá dispoñibles 8 prazas. As inscicións atópanse abertas en: alcaldia@lugocapitaldacultura.com

Cultura no río

Por outra banda, a rexedora anunciou a celebración, todos os martes de xullo ás 19:30 horas, de actuacións para o público familiar, con acceso libre, na zona de baño do río Miño. Toda a información sobre esta actividade e o resto da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico pode consultarse neste enlace.