Skip to main content
Lugo

Adega organiza en Lugo unha charla sobre os proxectos eólicos dos Ancares

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

Este venres 7 de xullo ás 20.00 horas no CS Mádia Leva, a delegación de Lugo de Adega organiza unha charla informativa da campaña Ti podes paralos!, coa que Adega pretende recorrer xudicialmente a recente autorización dos parques eólicos nos concellos de Baralla e Becerreá, Chao do Marco, Serra do Furco, Serra da Piñeira e Serra do Colmo.

Intervirán María Osorio, veciña e integrante da Asociación Cultural da comarca dos Ancares Rente ao Couce, e Lucía Anido, en representación de Adega-Lugo.

Na charla haberá un peto para contribuír solidariamente coa campaña do conxunto de parques da provincia de Lugo.

Podes descargar a información da campaña Ti Podes Paralos! neste enlace.