Skip to main content
Lugo

Lugo acollerá esta fin de semana unha nova edición do Tango Liber

Por 5 Xullo, 2023Sin comentarios

A cidade de Lugo acollerá a 12º edición do Festival Internacional Tango Liber, que desde mañá ata o vindeiro domingo reunirá a recoñecidos artistas do xénero para participar en seminarios, talleres e exhibicións.

O evento está organizado pola asociación Tango Club Galicia.

Destacadas figuras do mundo do tango estarán neste encontro, como os bailaríns Roxana Suárez e Sebastián Achaval. Tamén participarán os DJs Marcelo Rojas, Ariel Yuryevic e Enrique Ringa (Arxentina), Magín López (Lugo) e Carmen Villafuerte (Sevilla). As actividades desenvólvense no Círculo das Artes e noutras localizacións de Lugo, e inclúen o domingo unha exhibición aberta ao público e gratuíta na praza Maior (a partir das 12.00 horas). A organización agarda recibir a uns 250 afeccionados procedentes de distintos puntos de España e de varios países de Europa.