Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo advirte do perigo das novas zonas axardinadas de Camiño Real

Por 7 Xullo, 2023Sin comentarios

O Partido Popular advirte que a solución que o goberno local escolleu, para evitar que a terra dos parterres de Camiño Real se espalle e manche a rúa, incumpre a normativa de accesibilidade.

Os populares lembran que o pavimento nun espazo público debe ser continuo e sen resaltes dunha altura superior aos 4 milímetros tal e como se recolle nas normas de accesibilidade.

Neste caso salta á vista que os perfís metálicos de varios centrímetros de altura supoñen un perigo para os peóns. Se alguén cae sobre eles as consecuencias poderían ser graves para as persoas e tamén podería derivar en novos casos de responsabilidade patrimonial contra o Concello.

Este tipo de detalles delatan, unha vez máis, a improvisación e os parches de última hora aos que nos ten acostumados o goberno local de Lugo.

De momento só se colocou este sistema nun dos parterres que hai neste tramo de Camiño Real entre a confluencia da Ronda da Muralla e Concepción Arenal.