Skip to main content
Lugo

A Deputación aproba a ampliación dos hortos urbanos do Rato

Por 21 Xullo, 2023Sin comentarios

A Xunta de Goberno de hoxe aprobou tamén ampliar as autorizacións do uso dos hortos urbanos do Rato a 34 dos 40 usuarios e usuarias destes espazos aos que está a piques de rematarlles a concesión. Trátase do segundo lote de ampliacións, tras o realizado o pasado marzo deste ano a 41 usuarios, “o que dá boa conta da boa marcha deste proxecto da Deputación, que reiniciamos o mandato pasado e co que estamos poñendo a disposición da cidadanía de maneira totalmente gratuíta espazos públicos para fomentar o lecer medioambiental, a agricultura ecolóxica e os hábitos de vida saudables”, afirmou a Voceira socialista do Goberno.

Na actualidade, a Deputación de Lugo ten un total de 134 usuarios activos nos hortos urbanos do Rato, dos 150 dispoñibles. Neste senso, García Porto avanzou que está en fase de contratación o servizo de dinamización, posta en valor e mantemento das parcelas, e que no mes de setembro sairá ademais unha nova convocatoria para cubrir as que quedan libres, un total de 16 a día de hoxe.