Skip to main content
Lugo

Benestar convoca a excursión a Burela para o 5 de agosto

Por 24 Xullo, 2023Sin comentarios

Continúan as excursións a feiras gastronómicas galegas durante as fins de semana convocadas para Área de Benestar.

As viaxes teñen lugar os sábados alternos, dende o 8 de xullo e ate o 2 de setembro, sendo a Praza de Bretaña o seu punto de partida (09:00 horas) e de chegada (ás 21:00 horas).

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a semana anterior a cada saída – entre o luns e o mércores – e entregar a súa solicitude de forma presencial (entre as 09:00 e as 13:00 horas) nun Centro de Convivencia concreto, en función do destino do que se trate.

A concelleira destacou que “a proposta está pensada, unha vez máis, como actividade recreativa coa que queremos favorecer e fomentar a socialización inclusiva da veciñanza, de xeito que se mantén aberta a todos os públicos”.

Benestar Social habilitou 50 prazas por actividade e o seu custo será de 4’12 euros (para cada excursión), en concepto de gastos de desprazamento en autobús, mentres que o xantar correrá a cargo de cada participante.

Excursións

Continuarán o 5 de agosto co Feira do Bonito de Burela, que ten a inscrición no Centro de Convivencia Maruja Mallo. O 19 de agosto será a vez da Queimada Popular de Cervo. A inscrición é no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

Rematarán o 2 de setembro coa Feira Franca de Pontevedra. A inscrición é no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.