Skip to main content
Carballedo

Volve o Carballedo de Tapas a catro establecementos do municipio que ofrecerán creacións gastronómicas

Por 7 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Carballedo organiza o seu concurso ‘Carballedo de Tapas’ a partir de hoxe e durante toda a fin de semana, ata o 9 de xullo, evento durante o cal veciños, veciñas e visitantes poderán desfrutar da gastronomía do Concello.

Así, catro establecementos do municipio ofrecerán as súas creacións por un euro con 50 cts. ás persoas que se acheguen a eles. Estas locais son o Hotel Río Bubal, o Luscofusco, o Acuario e o Valviño.

Cada establecemento terá a súa tapa característica, polo que para probar cada unha delas, haberá que entrar nos catro, promovendo así o consumo nos establecementos locais. Desta maneira, o Hotel Río Bubal ofrecerá a tapa de maridaxe de guías, o Luscofusco terá unha brocheta hawaiana con salsa de champiñóns, o Acuario terá o ‘Niño büyük kus’ e o Calviño terá navallas á mariñeira.

Ademais das tapas, que se poderán desfrutar hoxe, venres, e o sábado a partir das 19.00 horas e o domingo a partir das 12.00 horas e das 18.00 horas; o sábado ás 20.00 horas a xornada estará amenizada coa charanga Big Band.