Skip to main content
Chantada

Por Chantada ofrécese a informar aos veciños sobre o proxecto da Urbanización Rúa do Rego para poder facer alegacións

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

Por Chantada vén de anunciar que as persoas que queiran presentar alegacións á aprobación inicial do Proxecto de Urbanización Rúa do Rego (Resolución da Alcaldía 505/2023 e exp. 95/2023) poderán facelo ata o 5 de xullo.

Ademais, din estar a disposición dos veciños para facer as aclaracións que precisen, lembrando que “sobre o mamotreto da praza de Santa Ana, ao que se liga este proxecto de urbanización, pesa un contencioso pendente de resolución”.

Din que “é moi importante informarse ben”, concretamente as persoas propietarias que poden ser expropiadas, e a veciñanza en xeral pode alegar que a rúa debería abrirse ata o pavillón e non simplemente uns metros para intentar legalizar a licenza condicionada do “mamotreto” de Santa Ana. “Como xa advertiramos na campaña electoral, entendemos que é unha operación especulativa no corazón da vila”, argumentan desde Por Chantada.