Skip to main content
Chantada

O profesor Alberto Penoucos impartirá un curso de improvisación musical en Chantada

Por 4 Xullo, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

A Casa da Música de Chantada organiza durante os meses de xullo e agosto un curso de improvisación musical destinado a todos os públicos, a partir de 8 anos, e para todos os niveis, independentemente do instrumento que se toque.

As clases serán impartidas polo profesor Alberto Penoucos, licenciado en Jazz Performance na Guildhall School of Music and Drama de Londres e que conta cunha dilatada experiencia como docente, tendo estudado con mestres do Jazz como Barry Harris, Dave Frank, Jeff Harrington, Chuck Israel, Scott David Stroman ou Suso Atanes, entre outros.

O curso terá dúas modalidades en función do nivel do alumnado, polo que as persoas que se apunten ao nivel básico, terán unha hora de clase semanal, mentres que os de nivel avanzado poderán acudir a clases unha hora e media á semana.