Skip to main content
Chantada

A 49ª edición da Subida a Chantada acollerá a presenza de deportistas internacionais

Por 9 Xullo, 2023Xullo 10th, 2023Sin comentarios

A 49ª edición da Subida a Chantada celebrarase os vindeiros 14, 15 e 16 de xullo enmarcada no Campionato de España de Montaña.

Desde a organización, explican que as Subidas de Montaña son probas de máxima intensidade para o deportista, carreiras de máxima esixencia e concentración, xa que se trata dun curto percorrido (de entre 3 a 8 quilómetros) contra reloxo nunha estrada sinuosa, de montaña, con cunetas, prados, monte e estreitos, que esixen uns reflexos e condicións de condución extremos.

Así, é primordial para un piloto de Montaña coñecer o coche e ter moita confianza nel, así como memorizar á perfección o trazado do percorrido, xa que non levan un copiloto que explique o que hai diante.

Ir ao límite, cos reflexos e a memoria ao máximo das súas posibilidades, e saber constantemente as reaccións que pode ter o vehículo son os ingredientes necesarios para competir en Montaña.

Ademais, as Subidas de Montaña son a modalidade automobilística máis antiga que existe, pois o Campionato de Europa da especialidade celébrase desde o ano 1930.

No caso da Subida de Chantada, este ano cumpre 49 desde que se empezou a organizar e ten lugar en plena Ribeira Sacra, nunha ribeira chantadina cun encanto, valor patrimonial e medio ambiental único.

Participantes

Esta edición contará coa participación do actual líder do Campionato de Europa de Montaña, o italiano Christian Merli; e do alemán Alexander Hin, ámbolos dous con cos seus Osella FA 30.

O piloto de Trento logrou a vitoria en todas as probas disputadas ata a data nese certame esta tempada, mentres que o alemán ocupa a cuarta posición na táboa continental e é un habitual das citas europeas na modalidade máis antiga da FIA.

A presenza dos mellores pilotos europeos e nacionais de montaña dará un aliciente moi especial á 49 Subida a Chantada, converténdose así nunha proba de máximo nivel de competitividade e sobre todo de espectáculo, o poder gozar no ascenso pola ribeira chantadina de pilotos e máquinas de primeiro nivel mundial.