Skip to main content
Monforte

O goberno local de Monforte segue apostanddo polas melloras nos viais, neste caso na rúa Incio

Por 8 Xullo, 2023Sin comentarios

A rúa do Incio de Monforte está sendo mellorada en canto ao seu firme noutra das actuacións do plan desenvolto polo equipo de Goberno para rúas de titularidade municipal e dentro do proxecto de obras de mellora en 13 vías de urbanas e rurais que deu a coñecer hai unhas semanas o alcalde, que contan cun investimento total de 297.800,63 euros.

A rúa Incio presenta un firme que aconsella unha actuación completa de renovación do mesmo, sendo necesario proceder ó fresado dos entronques iniciais e finais de dita vía, previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente. Ademais, procedese tamén á apertura da caixa e cubrir con grava compactada.

O asfaltado do firme farase con aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor e tamén se realizará o recalce das tapas de rexistro. Ademais nesta rúa, procederase ao pintado de marcas viais, incluídos os símbolos e cebreados con pintura reflexiva e microesferas de vidro.

Trátase, polo tanto, dunha renovación completa do pavimento de 210 metros lineais e o orzamento destinado a esta actuación supera os 28.5000 euros (28.584,45 euros).

O rexedor monfortino resalta que “isto supón a continuidade do desenvolvemento dun ambicioso programa de melloras de infraestruturas urbanas e da rede viaria da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas e que veño de renovar tras o respaldo acadado nas recentes eleccións municipais, e no que non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos.”