Skip to main content
Monforte

O Museo Pazo de Tor acolle este venres unha nova edición do Sacra Festival

Por 11 Xullo, 2023Xullo 12th, 2023Sin comentarios

A Rede Museística Provincial de Lugo dentro da súa programación expandida leva ao Museo Pazo de Tor unha nova edición de Sacra Festival que nesta ocasión a temática do Festival xirará ao redor da identidade, a memoria e o teritorio.

O Sacra Festival, que terá lugar este venres, 14 de xullo, a partir das 19.00 horas, vincula arte, natureza e música a partir coa actuacións de Compañía 5S, CRNDS Allova e Sila Lúa.

Este evento, pensado especialmente para a mocidade, quere ser un encontro sostible, polo que os espazos terán aforos limitados, aínda que a entrada será gratuíta ata completar o aforo.

Con respecto a outras actividades, do 20 ao 21 de xullo o Museo Pazo de Tor acollerá un campamento infantil para seguir afondando nos museos da Rede Museística Provincial, dependente da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.