Skip to main content
Monforte

Unha nova ruta proposta pola Xunta de Micoloxía Os Lactouros terá lugar este sábado

Por 12 Xullo, 2023Sin comentarios

A Xunta de Micoloxía Os Lactouros, xunto coa Asociación Facendo Camiño, organizan para este sábado, 15 de xullo, unha ruta de 12 quilómetros guiada por Iván Álvarez, de Coureleando.

As persoas inscritas nesta actividade, que poderán ser ata 30 e deberán pagar un custo de 15 euros, sairán ás 09.00 horas dende as casitas da compañía en autobús ata o inicio da Ruta do Río Cabe.

Así, percorrerán un sendeiro á beira do río dende Remuín ata o Club Fluvial e despois subirán a San Vicente polo parque do Zapardiel. Dende alí, o guía e arqueólogo, explicará como foi a muralla en tempos medievais.

Esta ruta, de dificultade media-baixa poderá facerse durante a mañá, xa que é de 12 quilómetros, polo que rematará sobre as 14.00 horas.