Skip to main content
Monforte

Xa está aberto o prazo para inscribirse como cabezudos das Festas de Monforte

Por 20 Xullo, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

As persoas que queiran participar como cabezudos xigantes nas Festas Patronais 2023 xa poden inscribirse nas oficinas do rexistro municipal, situadas na Casa do Concello, entre as 9.00 e as 14.00 horas.

O Concello dispón de 12 prazas para maiores de idade ou menores coa autorización dos seus titores co fin de realizar esta actividade. Asignarase por orde de inscrición, cuxo día último será o venres 4 de agosto.

Se o número de inscricións supera ó número de prazas ofertadas, abrirase unha lista de reserva co fin de chamar a persoas desa lista pola orde na que figuren nela no caso de que se produza a imposibilidade de realizar o percorrido nas datas deste ou nalgunha delas por parte dalgunha das persoas con praza.

Xunto coa solicitude, a persoa solicitante deberá presentar copia do seu Documento Nacional de Identidade e no caso de ser menor ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.

Os cabezudos, que recibirán 30 euros polo seu labor, percorrerán as rúas do centro da cidade o domingo 14 de agosto en horario matinal.