Skip to main content
Monforte

Ernesto Taboada recibiu o Premio Extraordinario de Formación Profesional polo seu percorrido no FP de Estilismo

Por 20 Xullo, 2023Sin comentarios

Un alumno do ciclo superior de Estilismo e Dirección de Peiteado durante os cursos 2020/21 e 2021/22, Ernesto Taboada Senaz, recibiu o Premio Extraordinario de Formación Profesional.

Foi un dos 23 alumnos da FP galega ao que se lle ven de conceder este premio por ser o número un de Galicia da familia de Imaxe Persoal, polo que lle foi outorgado un premio económico de 1.000 euros.

“No IES A Pinguela estamos orgullosos do seu éxito, esperado dada a calidade profesional e persoal de Tito, os perfectos traballos nos talleres de Peiteado e as súas  sobresaíntes cualificacións”, explican desde o centro educativo.