Skip to main content
Monforte

A exposición Historia do futuro estará no Museo Pazo de Tor de Monforte ata finais de setembro

Por 24 Xullo, 2023Sin comentarios

O Museo Pazo de Tor conta coa exposición Historia do Futuro ata finais de setembro, un proxecto de Pamen Pereira e Che Marchesi “que dá luz aos recordos e ao que se agocha entre as fendas dos muros”, explican desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que colabora con esta iniciativa.

Historia de Futuro é unha intervención artística no interior do Museo Pazo de Tor na que a intuición e sensibilidade destes dous artistas dialogan na creación das obras desde o rigor e a complicidade na interpretación da natureza.

“Coa súa poética realizan intervencións cos recursos tradicionais e as novas tecnoloxías permitíndonos ver máis aló da realidade representada e proporcionando novos códigos”, sosteñen desde a Deputación de Lugo.

Ademais desta exposición, o Museo Pazo de Tor acolle tamén coa exposición no exterior froito das residencias Land Art de creación comunitaria “Da terra que dá novas relación entre arte e vida”.

Neste caso, frecen as súas miradas, que poñen o principal foco nas persoas e no territorio, Lois Cid, Rosa Neutro, Alberto Oderez e Verónica Vicente. Por exemplo, Rosa coa súa filla Violeta, propón Dogma Natura, rosa e violeta, que presenta ao público, a conciliación, os coidados, a infancia e a diversidade. Estes artistas expoñe en Tor a identidade co paso do tempo, a relación coa paisaxe emocional máis persoal e o vínculo co territorio dos habitantes da zona.