Skip to main content
Pantón

O Grupo de Teatro Noroeste actuará na noite do 8 de xullo na praza do Concello de Pantón

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Pantón organiza para este sábado, 8 de xullo, unha das súas actividades no marco de ‘Actividades noite de verán’, durante a cal o Grupo de Teatro Noroeste representará a obra ‘Feirantes’.

A cita, que terá lugar ás 23.00 horas na praza do Concello, representará un drama baseado na novela ‘Outros feirantes’, de Álvaro Cunqueiro, unha obra de teatro na que se representan as zonas rurais de Galicia, os seus mitos, supersticións e crenzas.

Esta iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia  a través do Programa ‘Ler conta moito’, promovida para animar aos veciños das diferentes localidades a coñecer mellor a cultura literaria.