Skip to main content
Pantón

O cartel definitivo do Festival Trece Roeis acolle 18 grupos de música de rock

Por 24 Xullo, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

Os organizadores do festival de rock Trece Roeis de Pantón, que terá lugar os vindeiros 18 e 19 de agosto, presentaron o cartel definitivo da edición 2o23 e anunciaron que ata o mércores, 26 de xullo, haberá a posibilidade de gañar 1 abono de 2 días, a camiseta desta edición e unha pulseira con 25 euros de recarga a través dun concurso nas redes sociais.

Así, no cartel establécense os grupos e artistas rockeiros que actuarán tanto o venres, 18, como o sábado 19. Con respecto ao venres 18, actuarán Reincidentes, Kaotiko, Lamatumbá, Catuxa Salom, Lucía Aldao, Tiam GZ, The Poet’s Silence, Enxeito e Tirapralá.

Xa o sábado, 19 de agosto, darán o seu concerto SFDK, Auxili, Benito Kamelas, Tribade, Sofía Espiñeira, Tregua, Festicultores Troupe, Monoulious Dop, Uxía Lambona e a Banda Molona.

Ademais destas actuacións musicais, durante o festival haberá feira de produtos, presentacións literarias, catas de viño, degustacións gastronómicas, actividades infantís e obradoiros que encherán Pantón de diferentes iniciativas para todos os públicos.