Skip to main content
Quiroga

Trives gaña o maratón de fútbol sala de Quiroga, que se recuperou despois de 11 anos

Por 3 Xullo, 2023Sin comentarios

O maratón de fútbol sala de Quiroga, que volveu á vila despois de 11 anos sen celebrarse, tivo lugar esta fin de semana durante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo.

Este torneo de verán masculino, deixou como gañador ao equipo Trives, que acadou mil puntos, mentres que o segundo foi Sobreira.

Pola súa parte, tamén foi premiado o mellor equipo local, que foi Dickens-Botica, houbo un premio de consolación para Lk, un para o mellor xogador, para Roi, e un para o mellor porteiro, para Aimar.

Os organizadores da iniciativa, o Coviran Futsal de Quiroga, agradeceron aos participantes, colaboradores e o Concello de Quiroga por facer posible esta edición.