Skip to main content
Quiroga

A sexta edición da Night Trail Quiroga celébrase este sábado

Por 5 Xullo, 2023Xullo 6th, 2023Sin comentarios

Quiroga acolle este sábado, 8 de xullo, a sexta edición da Night Trail Quiroga, un evento no que veciños e veciñas da vila sairán ás 22.30 horas para percorrer 10 quilómetros de andaina ou correndo ou de 20 quilómetros de trail.

A saída terá lugar desde a Praza de España de Quiroga, no que as persoas participantes farán exercicios de forma grupal para quentar o corpo antes de saír a andar ou a correr da man dos monitores de zumba de Quiroga.

No caso da modalidade de 10 quilómetros, as participantes percorrerán o paseo fluvial, pasarán a ponte de Villaverde, irán á par do río Quiroga ata A Ribeira e aí volverán cara á Praza España. Mentres, no caso do trail, as persoas que formen parte desta modalidade desviaranse para percorrer os montes de Vilañán.

Ao remate destas dúas actividades, as persoas participantes poderán desfrutar dunha sesión de DJ e dunha touciñada, na que compartirán as impresións desta iniciativa.