Skip to main content
Quiroga

Unhas 175 persoas participaron da Night Trail Quiroga

Por 10 Xullo, 2023Sin comentarios

A VI edición da Night Trail Quiroga, que se celebrou este sábado á noite, acolleu a uns 175 inscritos, que participaron da ruta de 10 km de percorrido e do trail de 20 km a modo de carreira.

Así, os corredores foron achegándose á Praza España desde as oito do serán para ir recollendo os dorsais e recibir información sobre a proba e quentaron motores ao ritmo da música dun DJ local mentres participaban nas clases de zumba que serviron como quentamento antes da proba.

A partir das 22.30 horas, os participantes agrupáronse na liña de meta para iniciar a ruta que percorreu o paseo fluvial pasando pola ponte do Villaverde, bordeando as beiras do río Quiroga ata A Ribeira e despois pola igrexa de Hospital para subir ata O Souto, San Xulián de Arriba e Caspedro.

Ao chegar á liña de meta, puideron degustar touciño asado e bebidas frescas, así como tivo lugar a entrega de trofeos, que correu a cargo do alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, do Concelleiro de Deportes, Antonio Marcos e do Concelleiro de Medio Rural, Luis Manuel Arias.