Skip to main content
Quiroga

Unha trintena de nenos entre 6 e 16 anos está a desfrutar do IV Campus de Voleibol de Quiroga

Por 12 Xullo, 2023Sin comentarios

Os nenos e nenas de entre 6 e 16 anos xa están a desfrutar, ata o 14 de xullo, IV Campus de Voleibol de Quiroga, que leva o nome da xogadora quiroguesa Carolina Camino.

O campus, que se desenvolve no pavillón municipal, imparte as súas sesións formativas e deportivas dende as 10.00 ata as 13.30 horas, e o primeiro día as persoas participantes estiveron baixo as ordes de Manolo Martínez do Ribeira Sacra, recibiron a visita do Concelleiro de Deportes, Antonio Marcos Prieto.

Ademais de volei, a trintena de participantes teñen a oportunidade de acudir ás instalacións das piscinas municipais, onde os deberán de recoller os pais, nais ou titores.

A área de deportes tamén poñerá en marcha un ano o XV Campus de Fútbol entre os días 17 e 21 de xullo para nenos e nenas de 6 a 16 anos e que se desenvolverá entre o campo de fútbol San Martiño e as instalacións das piscinas municipais, desde as 10.00 ata as 13.30 horas do mediodía.