Skip to main content
Quiroga

Rematou o IV Campus de Voleibol de Quiroga coa entrega ás participantes da foto oficial

Por 15 Xullo, 2023Sin comentarios

O IV Campus de Voleibol de Quiroga que leva o nome da xogadora quiroguesa Carolina Camino rematou despois de desenvolverse dende o pasado luns ata o venres no pavillón municipal e nas piscinas municipais, onde acababa diariamente.

A área de deportes do Concello de Quiroga manifestou a súa ledicia en canto á boa acollida que tivo este ano, edición na que unha trintena de rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 6 aos 16 anos participaron neste campus xunto con varios adestradores de Quiroga e do Ribeira Sacra.

Os participantes remataron esta actividade deportiva cunha merenda nas piscinas municipais e coa entrega por parte do concelleiro de Deportes, Antonio Marcos Prieto, e do alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, da foto oficial.