Skip to main content
Quiroga

Quiroga acolle esta tarde o espectáculo ‘Os Bolechas Deportistas xogan no tempo’

Por 21 Xullo, 2023Sin comentarios

Os Bolechas volven a Quiroga este venres, día 21, co seu espectáculo ‘Os Bolechas Deportistas xogan no tempo’, un evento que combina teatro, lingua e deporte.

O espectáculo, incluído no programa FalaRedes da Xunta de Galicia, achégase aos concellos galegos pertencente á Rede de Dinamización Lingüística para alegrarlles o verán aos nenos e nenas.

Desenvolverase na praza Julio Álvarez a partir 20.00 horas e nel combinarase teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas e as súas familias, os personaxes constrúen unha máquina coa que practicar os deportes do pasado, do presente e do futuro.

Nesta nova proposta dos Bolechas combínase, da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, a lingua e o deporte co xogo e a aprendizaxe.